InicioCulturaTaboada presenta a XXXII Festa do Caldo de Ósos, máis ca unha...

Taboada presenta a XXXII Festa do Caldo de Ósos, máis ca unha festa gastronómica

Este luns pola mañá, a casa da cultura de Taboada acolleu a presentación da Festa do Caldo de Ósos cunha revisión do formato coa que se busca unha viaxe profunda pola paisaxe cultural do municipio de Taboada e da contorna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Festa do Caldo de Ósos  é un símbolo territorial, identitario, unha mostra tanto da cultura como da natureza que define as raíces de Taboada. “Ademais dunha celebración gastronómica é o elemento unificador que xera nexos entre gastronomía, o territorio e a cultura. É tamén o compromiso coas tradicións locais, unha pegada da identidade de Taboada, que se reflicte a través do cultivo agrícola e da cría do porco, do produto que se emprega, da receita do caldo, e ata das formas de servilo ou consumilo”, destacan desde o concello, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Viceprensidencia da Deputación de Lugo. 

A programación desta edición coloca o acento nunha compoñente máis cultural e patrimonial. Serán dous días de actividades, para todos os públicos, que buscan incentivar que a xente pase a fin de semana e ata todo o Entroido, en Taboada, que participe das actividades e ata poida aproveitar para descubrir o Concello e contorna.

Manuel Gago

Manolo Gago, importante xornalista e divulgador cultural, vencellado co sector gastronómico e amante do Caldo de Ósos, é o elixido como padriño e pregoeiro desta XXXII edición. Ponse así de manifesto a importancia de contar, visibilizar, difundir e valorizar o caldo de ósos e toda a tradición que leva vencellada. O programa desenvolverase conforme ao seguinte horario:

Sábado, 10 de febreiro

  • 18:30h. Acto inaugural. Proxección documental O caldo de ósos nas súas mans. David Pinancho Audiovisuais e Noa López Producións (Cuartel Vello).
  • 19.30h. Inauguración da Exposición fotográfica “Crónica da Pegada do Porco Celta en Galicia” (Casa da Cultura).
  • 20.00h. Ruta osovinícola (Bares de Taboada).
Template

Domingo, 11 de febreiro

  • 10.30h. Apertura do recinto da festa (Praza de Riazón). Feira porcina e exhibición e mostra de animais vivos: porco celta. Mercado de produto local e de proximidade. Folión e cabezudos con Os Rechouchíos (Rúas da vila e Praza de Riazón).
  • 11.00h. Sabes atar chourizos? Clase mestra sobre elaboración tradicional de embutidos, Eva María Trincado (Praza de Riazón).
  • 12:00h. Cata maridaxe, O Caldo de Ósos con Denominación de Orixe Ribeira Sacra (Casa da Cultura).
  • 12:30h. Concerto A Banda de Música de Chantada (Praza de Riazón).
  • 13.35h. Pregón do Caldo de Ósos 2024 na voz de Manolo Gago. Acto amenizado cos brindos de Josinho da Teixeira e Lupe Gómez (Praza de Riazón).
  • 14:00h. Degustación gratuíta de caldo de ósos ofrecida pola hostelaría local (Praza de Riazón).
  • 15.00h. Xantar co menú da festa (Restaurantes de Taboada).
  • 17.30h. Actuación de música tradicional Os Rechouchíos (Praza de Riazón).
  • 18.30h. Obradoiro de máscaras e cabezudos. Constrúe a túa cachucha con Viravolta Títeres. Para público familiar (Praza de Riazón).
  • 18:30h. Cata maridaxe, O porco celta con Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
  • Conversa sobre O porco celta en Galicia, un produto con historia. Iván M. Rodríguez de ASOPORCEL e María Isabel Costas Vázquez, de Tres Fuciños (Casa da Cultura).
  • 19.30h. Exhibición de regueifa. Josinho da Teixeira e Lupe Blanco brindan o caldo de ósos (Praza de Riazón).
  • 21.00h. Degustación gratuíta de produtos do porco (Praza de Riazón).
  • 21:30h. Concertos fin de festa (Na Praza de Riazón). Tanto nos Ten e De Ninghures.
Template

ÚLTIMAS

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...