HomeEconomía105.000€ para un local social e 7 vías municipais en Taboada

105.000€ para un local social e 7 vías municipais en Taboada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co Alcalde de Taboada, Roi Rigueira Agromartín, a través do que a institución provincial achega 105.000€ para que o Concello desenvolva varias actuacións coas que continuarán ofrecendo máis e mellores servizos aos veciños e veciñas do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acordo inclúe case 75.000€ para realizar o acondicionamento e a mellora de 7 vías municipais. Os camiños que se van arranxar son: dous tramos do camiño de Bouzoa a Maxal, na parroquia de Bouzoa; o acceso a Faquios, na parroquia de Castelo; o vial que dá acceso a Casilla, na parroquia de Vilela; a mellora da pista que vai desde As Neves ata o límite municipal da estrada que vai a Monterroso por Sambreiro; os accesos á vila de Cadeiroás, na parroquia de Xián; o acceso en Zoás; na parroquia de Moreda e o arranxo da pista que une Friamonde e Couso, na parroquia de Insua San Xián.

O paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas provocaron o deterioro do firme destes viais. Por iso, e co fin de darlle solución a esta situación e mellorar a seguridade vial destes tramos, as actuacións previstas consisten na mellora do pavimento e na limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas. O prazo de execución destas obras é de dous meses.

Por outra banda, neste acordo de colaboración tamén se inclúen algo máis de 30.000€ para poñer en marcha un proxecto moi demandado polos veciños e veciñas de Taboada. Trátanse das obras que permitirán converter a antiga Casa Escola da parroquia de Meixonfrío nun local social. Nesta primeira fase as actuacións previstas consisten na rehabilitación da cuberta e no reforzo da estrutura para convertelo nun espazo de encontro onde realizar diferentes actividades.

José Tomé enmarcou este acordo “nun dos eixos que vertebran a nosa actividade, que é a cooperación cos concellos da provincia. Nese sentido, desde a institución provincial ofrecémoslles recursos económicos para que poidan sacar adiante iniciativas e proxectos que beneficien á veciñanza”. O mandatario provincial recordou que no ano 2025 a Deputación achegará máis do 20% do Orzamento a esta liña de actuación e avanzou que “xa só ao Plan Deputación destinaremos 22M€”.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...