HomesociedadeCelebración por todo o alto do sexto aniversario da praia fluvial de...

Celebración por todo o alto do sexto aniversario da praia fluvial de Ribas de Sil

Publicado o

- Advertisement -

O sábado 14 de xullo o Praia Fluvial de San Clodio en Ribas de Sil celebrará o sexto aniversario por todo o alto.

Para tan sinalada data este establecemento ofrece unha promoción especial de viño local pertencente á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Tamén asistirá un cocteleiro profesional que elaborará, in situ, os combinados máis especiais do momento á par que se sortearán numerosos agasallos ó longo da xornada.

Para pechar un día como este, o broche final correrá a cargo dun concerto premium. O dúo Sabina& Cía actuará a partir das 23:45 horas.

sabina&CIA

O grupo Sabina&Cía está composto por David Resúa (guitarra e voz) e por Lorenzo Boo (guitarra eléctrica e acústica). Estes dous rapaces vigueses basean o seu espectáculo na obra do compositor Joaquín Sabina e levan dende o ano 2010 rendéndolle homenaxe alá onde vaian. Tanto é así, que están considerados como o “mellor tributo a Sabina de Galicia”.

 

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...