HomeMovementos sociais"A revolta do rural interior galego pola vida digna debe continuar"

“A revolta do rural interior galego pola vida digna debe continuar”

Interior Galego Vivo consolida na IV Asemblea do Courel a súa organización e suma máis agrupacións locais e colectivos sociais.

Publicado o

- Advertisement -

A plataforma Interior Galego Vivo vén de celebrar no Courel a súa IV Asemblea, na que, asegura, se “consolidou” a organización coa elección dunha Coordinadora composta por representantes das distintas agrupacións locais. “A revolta das comunidades do interior galego pola vida con dignidade no medio rural e nas vilas e cidades debe ter continuidade” a través desta asemblea, que, din, supón un “pulo organizativo” para a plataforma.

A súa proposta está centrada en garantir dereitos e calidade de vida para as persoas das comarcas do interior galego, co foco na defensa de modelos agrogandeiros sostibles e de servizos sanitarios públicos e accesibles en todo o territorio, aseguran. Para iso, anuncian que se constituirán “ao longo do verán” distintos grupos de traballo para “ampliar a proposta programática de Interior Galego Vivo”, que ao mesmo tempo está centrado no impulso á economía social e na ampliación da oferta de formación orientada á agrogandaría, transporte público ou promoción dun modelo enerxético “descentralizado e afastado da especulación e grandes impactos ambientais”.

“A Asemblea de Interior Galego Vivo aposta decididamente por propoñer modificacións lexislativas que transformen a vida da maioría social, comezando a traballar nunha proposta de fiscalidade rural que favoreza o mantemento e asentamento de poboación nos nosos municipios”, recollen nun comunicado.

No encontro, que tivo lugar este sábado no Courel, participaron movementos veciñais de diversos eidos: comunidades de montes, asociacións feministas, movementos sociais e plataformas en defensa do ferrocarril e contra proxectos eólicos invasivos. Todas elas “comprométense a continuar tecendo rede, transcendendo o local para coordinarse”, indican. “Porque entendemos que as problemáticas e solucións pasan mesmo por unha coordinación de proxectos cidadáns a nivel europeo”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...