HomeMedio ambiente e PatrimonioA vaga de incendios deixa na provincia ao redor de 10.000 hectáreas...

A vaga de incendios deixa na provincia ao redor de 10.000 hectáreas calcinadas

O alcalde da Pobra do Brollón, unha das localidades máis afectadas, asegura que a situación "mellora" pero móstrase cauteloso.

Publicado o

- Advertisement -

A vaga de incendios que afecta os concellos da provincia de Lugo deixa, polo momento, 10.000 hectáreas calcinadas, unha situación que, segundo o alcalde da Pobra do Brollón–un dos principais municipios afectados–, parece que “mellora”, aínda que se mostra cauteloso.

Segundo a última información proporcionada pola Consellería de Medio Rural, o lume rexistrado en Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón, resultante da unión de catro focos diferentes, chega xa ás 10.000 hectáreas de terreo afectado.

O rexedor da Pobra, Xosé Lois Maceda, mostrouse con esperanzas de que a situación mellore nas próximas horas tras as tráxicas xornadas vividas, “sobre todo para os veciños”.

Aínda con optimismo, o alcalde mostrouse cauteloso dadas as previsións meteorolóxicas para esta xornada e as seguintes, con máximas na provincia de 25 graos e ascendentes, ceos despexados e refachos de vento de entre 20 e 40 quilómetros por hora. A pesar de que se rexistrou algún conato de reactivación, Maceda insistiu no “máis tranquilo” da situación “polo momento”.

O propio rexedor recoñeceu que a situación é “peor” en Folgoso do Courel. Malia que o acceso ao municipio se reabriu a partir das 9,00 horas deste mércores, os incendios continúan moi vivos. Concretamente, o de Folgoso mantense por encima das 1.000 hectáreas afectadas –en 1.100–.

IMPACTO TERRITORIAL

Así, a suma dos tres lumes máis grandes de Galicia nestes momentos supera nestes momentos as 24.000 hectáreas. O de Carballeda de Valdeorras, que alcanzou xa territorio leonés e que afecta o Parque Natural Serra Enciña da Lastra, queimou 10.500 hectáreas.

Tamén continúa activo o de Vilariño de Conso, no Parque Natural O Invernadoiro, que tamén aumentou ata as 4.000 hectáreas. En Oímbra, un dos focos, o de Rabal, aumentou considerablemente o seu tamaño, que é agora mesmo máis do dobre que hai 24 horas, de 1.800 hectáreas.

Ademais, son máis de 1.400 as persoas que foron desaloxadas por estes incendios en 80 núcleos de poboación pertencentes ao Courel –uns 60 núcleos– e a Valdeorras  –unhas 20 aldeas–. En varias zonas púidose retonar ás vivendas.

OUTROS INCENDIOS NA PROVINCIA

Agás os de Folgoso, o resto de incendios da provincia de Lugo atópanse estabilizados ou controlados. Ás 23,31 horas, foi extinguido un dos catro lumes existentes no municipio de Cervantes, o da parroquia de Donís (75 hectáreas).

No tocante aos outros tres lumes de Cervantes, está controlado o de Noceda desde as 23,31 horas do martes (100 hectáreas). Mentres, seguen estabilizados os de Cereixedo (65 hectáreas) e O Castro (20 hectáreas).

En Quiroga, está controlado o de Outeiro (250 hectáreas) e estabilizado o de Nocedo (15 hectáreas). Ademais, están controlados o de Palas, parroquia de Ramil (375 hectáreas), e o de Antas de Ulla, parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante (40 hectáreas).

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...