HomeComarca de QuirogaOs motores comezan a ruxir en Quiroga

Os motores comezan a ruxir en Quiroga

Este venres 26 de agosto comeza a VII Concentración Moto-Turística A Curuxa. O evento foi presentado á prensa o xoves na Casa do Concello de Quiroga e alongará a súa programación ata o domingo 28.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras meses de traballo da organización, a Concentración Mototurística A Curuxa foi dada a coñecer á prensa o pasado xoves 25 de agosto na Casa do Concello de Quiroga.

O evento, que se desenvolve esta fin de semana nos concellos do Xeoparque Montañas do Courel –Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga– chega este ano cunha chea de actividades e unha programación moi ambiciosa. O Concelleiro de Deportes de Quiroga, Andrés Novoa, estivo na presentación e agradeceu en nome do Concello de Quiroga o esforzo organizativo do Moto Club local A Curuxa co que colaboran apoiando o evento na parte loxística.

Miguel Garrido e Andrés Novoa. Foto: RTMQ Quiroga

O presidente da entidade organizadora, Miguel Garrido, presentou a concentración como a máis dura para a súa organización, diferente a de anos anteriores na que destaca a ruta na que os participantes teñen que buscar os puntos aos que chegar e as dúas exhibicións Stunt Show, con Narcís Roca e Emilio Zamora, especialistas no mundo do espectáculo.

Varias rutas,  actividades para os mais pequenos, máis postos de mercado que nunca e un concurso fotográfico son as actividades que completan o programa organizado para os amantes das dúas rodas que chegan desde moitos puntos do Estado e tamén desde Portugal.

O pregoeiro será o coñecido xornalista deportivo quirogués, Sergio Delpont, quen falará para os presentes este venres 26 de agosto ás 00:00 h. no epicentro das actividades que será na praza do Auditorio e Albergue municipais.

O pregoeiro será o coñecido xornalista deportivo quirogués, Sergio Delpont

No apartado musical non faltará a ambientación de DJ locais como DJ Míchel e DJ Cadáver, ademais das actuacións do dueto ourensán Soul & Roll –venres a partir das 00.00 h.– e os populares Gin Toni’s –sábado a partir das 00:00 h.–.

Os Gin Toni’s. Foto: Musicsoft

FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS LOCAIS

Un atractivo máis para esta fin de semana en Quiroga será a celebración o sábado 27 de agosto dunha Feira de Artesanía e Produtos locais.

Os diferentes postos estarán na praza do Auditorio en horario de 10:00 a 15:00 h. e o evento está organizado pola Asociación Tarabelada en colaboración co Concello de Quiroga.

Programa

ÚLTIMAS

600 alumnos de oito centros  da Ribeira Sacra participan en Monforte no Correlingua

O Parque dos Condes reuniu aos mozos e mozas de colexios e institutos baixo...

Recollida de plásticos agrícolas nas parroquias de Monforte este 27 de maio

A recollida de plásticos agrícolas levarase a cabo dende primeira hora da mañá e...

Chantada promociónase en Festur 2024 do 30 de maio ao 2 de xuño

O Concello de Chantada participa un ano máis en Festur 2024, X Feira de...

O folión de carros a ollos da infancia de Chantada

O próximo 24 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, como é...