IniciosociedadeO alcalde de Quiroga critica a "mala planificación" do Sergas nas vacinacións...

O alcalde de Quiroga critica a “mala planificación” do Sergas nas vacinacións a maiores

Critica que haxa que acudir a Monforte e que non se atenda os problemas do medio rural.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Quiroga, o popular Xulio Álvarez, queixouse este luns da “mala planificación” do Servizo Galego de Saúde (Sergas) na vacinación aos maiores, ao non permitir que se lle inocule nos centros de saúde de cada concello na primeira chamada e, no seu caso, teñan que desprazarse ao hospital de Monforte, a case unha hora de distancia dalgunha parroquia.

Neste contexto, Álvarez destacou que o seu municipio ten “unha cobertura sanitaria envexable”. “Temos unha PAC extraordinario, cun persoal, igualmente, extraordinario”, incidiu.

Dito isto, o rexedor explicou que “Quiroga non é só Quiroga, senón que dá cobertura a outros concellos como son Ribas do Sil e tamén Folgoso do Courel”, que son “municipios de montaña”. “No medio rural temos unha serie de dificultades engadidas, non temos transporte urbano e con iso fáltanos algo que nos impide acceder a uns servizos tan elementais como son as vacinas, sobre todo se se fai con ‘un veña vostede cando lle toque’ ou ‘xa veremos se pode recorrer á repesca’, afeaba.

Xulio Álvarez reiterou que “as persoas da terceira idade que teñen esas limitacións físicas inherentes á propia idade, que viven no medio rural, xa non no semiurbano como é Quiroga, que non hai taxis, que non hai autobuses, que non hai ferrocarril, teñen que queixarse porque queren calidade de vida e esa calidade de vida dálla a saúde“.

“Que por outra banda temos un sistema sanitario de luxo pero con fallos e, evidentemente, este é un fallo de mala planificación”, protestou. O alcalde de Quiroga apresurouse en subliñar que el se limita a ser “un altofalante” das queixas dos seus veciños, á vez que lembrou que no seu concello “máis do 50 por cento dos veciños son da terceira idade”.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra aproba orzamento para 2024

O orzamento do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a anualidade 2024 quedou aprobado...

Éxito de organización e participación no Campionato de España de Taekwondo en Monforte

Este Campionato de España de Taekwondo celebrado en Monforte reuniu a 373 taekwondistas procedentes...

230.000 euros para mellorar dúas estradas que pasan por Paradela, Baralla e Láncara

A Voceira socialista da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, concretou que o Executivo acordou...

O ‘Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra’ celebra 10 anos

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 10 anos fomentando o emprendemento...