HomeDeportesÉxito de organización e participación no Campionato de España de Taekwondo en...

Éxito de organización e participación no Campionato de España de Taekwondo en Monforte

Participaron 373 taekwondistas procedentes de diferentes Comunidades Autónomas do estado, esttimándose que puideron chegar a Monforte máis de 1.500 persoas. Os deportistas monfortinos acadaron 14 medallas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este Campionato de España de Taekwondo celebrado en Monforte reuniu a 373 taekwondistas procedentes das 17 Comunidades Autónomas de España, estimando fontes do Concello de Monforte que puideron chegar á cidade máis de 1.500 as persoas.

As competicións desenvolvéronse en xornada de mañá e tarde do sábado 4 de maio. Dende as 9:00 e ata as 13:30 horas disputouse a modalidade de Poomsae (técnica).E pola tarde, de 15:00 a 17:00 horas, foi a quenda da modalidade de Freestyle.

Ademais, o devandito Campionato puntúa para formar parte da Selección Española que acudirá ao Mundial de Hong Kong, en decembro deste ano 2024.

MONFORTE, MERECIDO ANFITRIÓN DESTE CAMPIONATO

Segundo fontes do concello, “as condicións que ofrece o novo Pavillón da Pinguela, xunto cos éxitos acadados nos últimos anos polos taekwondistas monfortinos, foron decisivos para a consecución deste campionato que se desenvolveu con total normalidade, sendo un éxito de organización e participación. D. Jesús Castellanos Pueblas, Presidente da Real Federación Española de Taekwondo entregoulle ao Alcalde de Monforte, D. José Tomé Roca, unha placa en agradecemento pola súa colaboración co Teekwondo Español.

Nos actos, o Alcalde e Presidente da Deputaciónde Lugo, José Tomé roca, estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o Concelleiro de Medio ambiente, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a Concelleira de Consumo, Regina López e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López. O Presidente Real Federación Española de Taekwondo, Jesús Castellanos Pueblas. Xefe do Servicio Provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez. O director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega.

Para a disputa deste importante campionato na cidade do Cabe, o Concello de Monforte achegou unha axuda de 5.000 € e a Deputación Provincial de Lugo outros 5.000 €; “aportando o 66,6%, que son 2/3 do custe do canon de 15.000€ que a Federación Española de Taekwondo estipulou para conceder a celebración do Campionato na nosa cidade”, comentaban dende o concello.

Laura Álvarez: prata en individual e parella. Foto: Prensa Concello de Monforte.
MEDALLEIRO MONFORTINO

Alex Camba: ouro individual e ouro en trío

Laura Álvarez: prata en individual e parella

Daniel Areán: prata en parella

Carlos Rey: ouro en trío e bronce en parella

Marco García: ouro en trío

Lucia Roca: prata en parella e ouro en trío

Aitor Teijeiro: prata en parella

Inés Casal: bronce en trío

Alicia Castro: bronce en trío

Aya Jabni: bronce en trío.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...