HomeEconomíaXullo, mal mes para o paro no centro-sur de Lugo, sube en...

Xullo, mal mes para o paro no centro-sur de Lugo, sube en 23 persoas

Desde CCOO ven á Comarca de Lemos coas peores cifras ao aumentar en 18 persoas como consecuencia dos malos datos do Sector Servizos, así como do sector educativo no concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lugo cualifica o mes de xullo como un mal mes en Lugo Centro Sur ao aumentar o paro en 23 persoas, con respecto ao mes anterior. As persoas paradas en Lugo Centro Sur son 2.567.

Paro na Comarca de Sarria: 697 (+2)

  • O Incio, 33 (+4)
  • Lancara, 75 (=)
  • Paradela, 16 (-1)
  • O Páramo, 6 (+3)
  • Samos, 23 (+2)
  • Sarria, 524 (-5)
  • Triacastela, 10 (-1)

Paro na Comarca Lemos: 1.210 (+18)

  • Bóveda, 33 (-5)
  • Monforte de Lemos, 890 (+18)
  • Sober, 64 (-2)
  • Pantón, 71 (+3)
  • A Pobra do Brollón, 48 (+4)
  • O Saviñao, 104 (=)

Paro na Comarca Chantada: 471 (+10)

  • Taboada, 77 (-2)
  • Chantada, 347 (+14)
  • Carballedo, 47 (-2)

Paro na Comarca Quiroga: 189 (-11)

  • Folgoso do Courel, 27 (-6)
  • Quiroga, 125 (-3)
  • Ribas Sil, 37 (-2)

Desde CC.OO destacan os bos datos dos concellos de Bóveda 33 (-5), Folgoso do Courel 27 (-6), Sarria 524 (-5). Sendo Monforte onde se deron os peores datos ao aumentar en 18 parados máis e Chantada con 14. A comarca con mellores cifras foi Quiroga con 11 parados menos.

Desde a Secretaría de Acción Sindical valoran moi positivamente que máis do 70% dos parados das comarcas de (Sarria – Lemos, Quiroga e Chantada) cobren prestacións, sendo máis de 1.790 desempregados. Desde o Sindicato ven con preocupación os despedimentos de persoas empregadas de Fogar, “sen causa xustificada, ao atoparse de baixa laboral. CC.OO denunciamos á Inspección de traballo estes feitos, por ser en fraude de Lei”, asegura o sindicato.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...