HomeEconomía189.000€ para impulsar o emprendemento leva repartidos o Concurso de Proxectos Empresariais...

189.000€ para impulsar o emprendemento leva repartidos o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Gemma & Naza Cheesecakes (Monforte de Lemos), Ficar Aquí (Os Ancares e A Mariña) e Enzicas (A Coruña) fanse cos premios do X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a Asociación Semente de Monforte e todas as empresas e institucións colaboradoras nesta X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra felicitan ós gañadores, e a todos os proxectos participantes pola altísima calidade das iniciativas presentadas e o talento e a ilusión como emprendedores.

O xurado da X Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, tras avaliar a presentación dos proxectos durante o día de hoxe, decidiu conceder os seguintes premios:

1º Premio de 10.000€ para GEMMA & NAZA CHEESECAKES. Produción artesanal de tortas de queixo desde o compromiso coa calidade, a sustentabilidade e o apoio á economía local. Utilízanse produtos locais e galegos de alta calidade para elaborar as tortas, garantindo frescura e autenticidade en cada bocado. Resáltanse os sabores tradicionais de Galicia e apoianse os agricultores e provedores da rexión.

2º Premio de 6.000€ para FICAR AQUÍ, Portal de emprego. Creación dun sitio web que recolla a oferta de emprego, que atenda as necesidades do tecido empresarial das empresas do rural galego, e poña en valor os seus recursos, chamando a atención sobre as necesidades existentes e favorecer o emprendemento. O obxectivo é conectar os diferentes protagonistas no panorama da xeración de emprego e oportunidades de empregabilidade (Administracións, empresas e profesionais) e concentrar toda a información sobre oferta e demanda nun único portal web

3º Premio de 4.000€ para ENZICAS, Aceleradora de Queixos e Embutidos con Castañas, Enzicas BIO SL. Empresa cualificada como Startup por ENISA e fundada en 2022, expón o desenvolvemento dun ingrediente alimentario de orixe natural para empregar na maduración de queixos e embutidos. O ingrediente está baseado nun fungo filamentoso desenvolvido a base de castañas.

Finalistas X Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra / Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra

A entrega de premios e de diplomas a todos os proxectos finalistas fíxose despois da cea de confraternidade celebrada no Parador de Monforte, na que participaron a Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, a directora xeral AGADER, Mª Paz Rodríguez, o director xeral da AGACAL, Martín Alemparte, as directoras territoriais da Consellería de Emprego en Ourense e Lugo, Marta Vázquez e Carmen José López, deputados autonómicos e representantes das desputacións de Lugo e Ourense, das universidades e dos concellos e empresas que colaboradoran co Concurso. Contouse asemade coa asistencia dos 10 proxectos finalistas no concurso e dos gañadores da pasadas edicións. Presentando o acto a presidenta de Semente de Monforte, Pilar López.

Desde o seu inicio ata a edición de hoxe, o concurso ten entregado 189.000€ que contribuíron a impulsar 29 proxectos innovadores que dinamizan o medio rural. “Os datos son importantes, pero o mellor é satisfacción de que a maioría dos proxectos que quedaron entre os tres primeiros convertéronse en realidade e moitos deles son iniciativas empresariais de éxito. A ilusión coa que comezamos segue sendo a mesma, ou quizais máis. Grazas ao traballo, á dedicación e implicación que vemos nos participantes de cada ano, aumentando en cada edición e grazas a que esas persoas, empresas e organismos que nos apoian, confían no mesmo ca nós: Podemos desde a base axudar a dinamizar o noso rural”, concluíu Pilar López.  

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...