HomeCulturaCultura, lecer e concienciación en Folgoso do Courel do 17 ao 23...

Cultura, lecer e concienciación en Folgoso do Courel do 17 ao 23 de agosto

Desenvolveranse varias accións enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero destinadas á poboación infantil e adolescente. Tamén haberá dúas actividades para todos os públicos enmarcadas na programación de CulturaActiva

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel programa diferentes actividades de verán para a semana do 17 ao 23 de agosto. Varias destas accións están enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e outras, en concreto a gala de circo e o espectáculo de Seoane, forman parte da programación de CulturaActiva.

Os destinatarios desta programación serán todos aqueles nenos e nenas, que interesados/as en participar, formalicen a súa inscrición chamando ao 982 43 30 01 antes do día 15 para as actividades que se realizarán o día 18, e antes do día 21 para a actividade que se realizará o sábado 22. O resto de actividades están abertas a todo o público.

Concienciar e sensibilizar

Desde o Goberno local precisan que a violencia de xénero supón un problema social de primeira orde, polo que é fundamental concienciar e sensibilizar respecto a violencia de xénero en todas as súas expresións. 

Así, a través da realización destas actividades socio educativas de prevención da violencia de xénero o Concello de Folgoso do Courel quere participar de maneira directa na loita contra esta lacra. 

Calendario

Martes 18 de agosto – Impartidas pola educadora social Selene Arias Sáez. No Salón de actos do Concello de Folgoso do Courel. Poboación infantil e adolescente.

11:00 – 13:00 Teatro con sombras: Tolerancia a contraluz

18:00 – 20:00 Busca do tesouro. O misterio da igualdade perdida 

Mércores 19 de agosto – Combinado de circo galego

Actuarán Desastronauts (espectáculo de clow e acrobacias aéreas), o Mago Teto (espectáculo de maxia) e Javi Javichy (espectáculo de malabares). Toda a poboación. 19:00 horas na Praza do Concello.

O Mago Teto

Venres 21 de agosto – Espectáculo de Brasica Rapa con pasarrúas. Toda a poboación. 19:00 horas En Seoane do Courel

Sábado 22 de agosto – Caxoto contacontos. No Salón de actos do Concello de Folgoso do Courel. Poboación infantil e adolescente. 19:00 horas. ‘Coas mans na masa – Contos de igualdade

22:00 horas. Cine na rúa. Proxección da película ‘O que arde’. Na Praza do Concello. Toda a poboación.

ÚLTIMAS

Os deputados do PP denuncian “trato discriminatorio” do Goberno de Sánchez coa veciñanza de Santo Estevo do Sil

Os deputados do PP lucense -Francisco Conde Jaime De Olano e Cristina Abades- trasladan...

Inscricións de novas viñas en suspenso en concellos que non teñan aprobada unha delimitación planimétrica

O pleno do Consello Regulador Ribeira Sacra reuniuse o pasado 10 de febreiro de...

A futura ‘Área Recreativa e Praia Fluvial de Monforte’ terá capacidade para acoller a unhas 20.000 persoas

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, informou en rolda de prensa...

Estudantes do IES A Pinguela destacan na fase galega da Olimpiada de Xeoloxía

Corenta alumnas e alumnos de institutos da provincia de Lugo (IES Fontem Albei da...