HomePolíticaQuen fixo posible o centro de maiores de Folgoso do Courel?

Quen fixo posible o centro de maiores de Folgoso do Courel?

Os socialistas municipais lémbranlles aos populares os máis de 10 anos loitando por un proxecto que xa formaba parte do seu programa electoral

Publicado o

- Advertisement -

O PSOE do Folgoso do Courel cumpre cos veciños e defende os seus intereses por eso hai riba da mesa un proxecto con dotación económica para executar a residencia e centro de día do concello.

Lembran os socialistas que no 2008, gobernando eles no concello e na Xunta comprometéronse á creación e realización deste proxecto que consideran fundamental para os veciños. Un ano despois, co PP na Xunta, paralízase o plan e desde entón ata hoxe a alcaldesa do PP non fai ningunha xestión cos gobernos populares da Xunta e a Deputación para retomar o proxecto. É cando o PSOE volve á Deputación que populares e socialistas municipais solicitan iniciar os trámites para facer da residencia unha realidade e Darío Campos, presidente socialista, decide liderar o proxecto e dotalo de inversión, a petición da voceira municipal do PSOE.

Esta secuencia dos feitos faina Carmen Álvarez, voceira do PSOE en Folgoso do Courel, despois de que o presidente da Deputación presentara o proxecto e de que desde o PP provincial se arroxaran méritos na súa consecución.

Insiste Carmen Álvarez en que ter presentado o proxecto da residencia e centro de día cunha inversión do excecutivo provincial de 1,2 millóns de euros demostra que só os socialistas se interesan polas necesidades dos veciños.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...