HomesociedadeUnha andaina reivindicativa esixe a suspensión dos proxectos eólicos que ameazan O...

Unha andaina reivindicativa esixe a suspensión dos proxectos eólicos que ameazan O Courel

A veciñanza reuniu nos últimos meses máis de 5000 alegacións contra os parques eólicos de Busmaior e Barxas.

Publicado o

- Advertisement -

A veciñanza afectada polo impacto dos parques eólicos de Barxas e Busmaior, no Courel, vén de desenvolver unha andaina reivindicativa que reuniu 150 persoas e saíu de dous puntos diferentes, o alto do Couto e a aldea de Horreos, para confluír finalmente no Chao dos Lobos, lugar onde está proxectado instalar un muíño de 200 metros de altura. 

Durante a actividade, indica a Plataforma ‘Eiquí eólicos non’, houbo tempo para unha serie de charlas divulgativas sobre os valores económicos, naturais e socioculturais do territorio afectado e un recital poético a cargo de Urbano Arza, Xesús Manuel Marcos, Miguelanxo Lar e Tegra Romeo Veiga. Esta acción, que tivo lugar este sábado, forma parte das actividades da plataforma para “defender a Serra do Courel e evitar a instalación destes macroparques eólicos”. 

A andaina reivindicativa tomou como lugar simbólico o Chao dos Lobos, onde se vai instalar un muiño de 200 metros de altura, a poucos metros da recentemente declarada Microreserva de Orquídeas, un dos espazos protexidos desta comunidade xunto cunha Masa Consolidada de Frondosas Autóctonas de 80 hectáreas. Nela participou veciñanza do Courel e do Bierzo e achegáronse numerosas persoas de diversos lugares de Galiza afectados por outros macroeólicos, como da Plataforma Monfero Di Non, de Cerceda, de Ferrol, de Cerdido ou da Rúa. 

A Plataforma entregou nos últimos meses máis de 5000 alegacións contra os parques eólicos de Busmaior e Barxas, en colaboración coa plataforma do Bierzo “Rural Sostenible”. Está composta por diversos colectivos como a Asociación A Volta Grande do Courel, Asociación a Fonte do Milagro, Asociación Veciñal e Cultural de Vieiros, Pía Paxaro, Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel ou Comunidade de Montes de Órreos.

“Eiquí Eólicos Non” tamén desenvolverá unha campaña para poñer en valor o camiño tradicional entre o Bierzo e o Courel, e segundo indica, anunciará unha próxima actividade para recuperar o camiño que une Vilafranca e Lugo.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...