HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelActividades de interese en Folgoso do Courel

Actividades de interese en Folgoso do Courel

En vindeiras datas haberá unha serie de actividades formativas de gran utilidade para a veciñanza e tamén a Feira de Gando de Seoane.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro xoves, 20 de abril ás 11:00 h. da mañá o Centro Social de Seoane acollerá unha formación sobre o uso de caixeiros. Daranse pautas para que as usuarias e usuarios poidan realizar as operacións bancarias de fora doada e segura.

O sábado 22 a formación será de ‘autoprotección no fogar’, nocións básicas para evitar riscos derivados do gas butano, as chemineas, etc. Nesta ocasión será o Salón de Actos do Concello de Folgoso do Courel o que acolla a actividade que será impartida por Mario Antuña Sariego, responsable do GES de Cervo. Para inscribirse cómpre chamar antes ao 982 433001.

PARA O MES DE MAIO

Xa en maio, outra interesante actividade formativa chega ao concello de Folgoso do Courel. Trátase dun curso de micoloxía que impartirá Iván Pérez Berjano.

Os contidos a tratar os días 5, 6 e 7 de maio son os seguintes: introducción á micoloxía, ecoloxía dos montes e fungos, cultivo de fungos saprófitos e micorrícios e a micoloxía como dinamizadora do territorio.

O venres 5 será en horario de 16:00 a 20:00 h. mentres que o sábado 6 e o domingo 7 a formación desenvolverase de 10 a 14:00 h. pola mañá e de 16:00 a 20:00 h.

Hai 20 prazas e será necesario inscrición previa con preferencia neste caso para a xente empadroada. O lugar de realización da actividade é a Estación Científica do Courel –Seoane–  teléfono para reservar praza: 982 433001 e o prazo remata o 28 de abril.

Foto cartel / Concello de Folgoso do Courel

Tamén o 7 de maio, e en Seoane do Courel, terá lugar un ano máis a tradicional ‘Feira de gando’.  Haberá poxa de novelas de ACRUGA, postos de artesanía, plantas e sementes, música en directo e postos de polbo. A organización anima, como noutros anos, a que a veciñanza e os/as visitantes vaian vestidos/as de época.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...