HomeCulturaFestival dos Eidos, do 25 ao 27 de agosto no Courel

Festival dos Eidos, do 25 ao 27 de agosto no Courel

Está organizado pola Fundación Uxío Novoneyra e terá lugar en Parada do Courel. En vindeiras datas terá continuidade en distintos escenarios de Becerreá, Quiroga, Monforte e O Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A poesía será parte fundamental do Festival coa participación de mulleres centrais na creación e na divulgación da poesía en Galiza como Chus Pato, Eva Veiga, Ana Romaní, Marina Oroza. Estas creadoras líricas e Antón Reixa darán forma á homenaxe ao poeta oral Carlos Oroza –que viviu na casa de Uxío Novoneyra durante os anos setenta– polo centenario do seu nacemento. Por outra banda, o ensaísta, crítico literario e tradutor portugués Joao Barrento, gardián do legado de María Gabriela Llansol, irmandará a obra da poeta portuguesa e do poeta do Courel.

Na parte musical, o Festival conxuga os concertos de Os Resentidos e Radio Océano e grupos e músicas máis novas na escena musical en Galiza como Rhome e Xhackal.

OUTRAS ACTIVIDADES

Ademais, haberá un espazo de lectura danzada, con Eva Valle, Nieves Neira Roca, María Grandío, María Corral Fernández e Beatriz Rodríguez Morales; cine, coa proxeción de Zumiriki de Óscar Alegría; e dous roteiros, un  ornitolóxico, pensado para o avistamento de paxaros con Xavier Vázquez Pumariño, e outro guiado pola Fundación Legar pola paisaxe sonora de Uxío Novoneyra.

VALORACIÓNS

A deputada de Cultura Iria Castro valorou o traballo da Fundación Uxio Novoneyra e lembrou “a colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa entidade para contribuír á súa labor de divulgación da obra de Uxío Novoneyra que é tamén unha labor de dinamización cultural e social do Courel e unha labor de proxección fóra das nosas fontreiras da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura, a través de programas e intercambios con outros países europeos”.

A presentación, que tivo lugar o pasado 11 de agosto, contou tamén coa presenza da secretaria territorial da Xunta de Galiza en Lugo Marta Barreiro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...