HomePolíticaAs estradas do sur lucense estrean asfaltado e sinalización

As estradas do sur lucense estrean asfaltado e sinalización

Publicado o

- Advertisement -

Por unha banda, a Deputación de Lugo ven de asinar un acordo co rexedor de Monforte, José Tomé Roca, no cal, dende o goberno provincial se destinarán 250.000 euros e 165.000 por parte das arcas municipais,  para o arranxo de 24 rúas da cidade. As vías escollidas para este investimento son; Carlos Casares, Avelino Cachafeiro, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Rosalía de Castro, Ramón y Cajal, Padre Feijoo, Juan Montes, Miguel de Cervantes, Conde Froila Díaz, Pero de Veer, Pantón, do Río, Courel e Ribas de Sil, Diego de Lemos, Ourense, Abeledos, Corredoira, Veiguiña, Ferrol, San Lázaro e Pinguela.

E pola outra, a estrada Lugo-933 entre Alvaredos e Montefurado (Quiroga) contará cun novo firme mediante o estendido e rego asfáltico. Estas obras, que se iniciarán a comezos de agosto, teñen un presuposto de 100.000 euros aportados pola Xunta de Galicia

ÚLTIMAS

Quiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

Nesta edición da iniciativa divulgativa, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería...

Por Chantada lamenta que o PP votara en contra de establecer bonificacións sociais no IVTM para persoas con discapacidade e as súas coidadoras

A moción, que presentou Por Chantada, basébase na posibilidade legal que teñen os concellos...

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha...

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...