HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónO BNG pedirá no Parlamento a cobertura de pediatría nos ambulatorios de...

O BNG pedirá no Parlamento a cobertura de pediatría nos ambulatorios de Quiroga, A Pobra, Bóveda e Escairón

Publicado o

- Advertisement -

O BNG demandará no Parlamento a cobertura da praza de pediatría nos centros de saúde dos municipios lucenses de Quiroga, A Pobra de Brollón, Bóveda e Escairón, posto que a profesional adscrita a este servizo está de baixa e non se reincorporará até finais de 2018.

O BNG demandará no Parlamento a cobertura da praza de pediatría nos centros de saúde dos municipios lucenses de Quiroga, A Pobra de Brollón, Bóveda e Escairón, posto que a profesional adscrita a este servizo está de baixa e non se reincorporará até finais de 2018.

Segundo informou o partido, a deputada nacionalista Olalla Rodil explicou que a praza “non foi cuberta” por outro pediatra, polo que os nenos destes municipios “vense na obriga” de acudir ao centro de saúde de Monforte –“xa de seu masificado” afirmou– ou aos médicos de cabeceira.

“É moi grave que se deixe con total desatención sanitaria a todos os nenos destes municipios polo feito de aforrar a contratación dunha especialista para cubrir unha baixa laboral”, sentenciou a parlamentaria.

E é que, segundo exemplificou Rodil, na Pobra e Bóveda había atención de pediatría “todos os mércores”. Así, o BNG solicitará a cobertura “inmediata” desta especialidade para os municipios da zona.

Ademais, asegurou que existe “moita preocupación” polas perspectivas nos concellos desta área sanitaria que, nas súas palabras, “sofre unha deterioración dos servizos públicos”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...