HomeDeportesSaída da Gold River Race en Augas Mestas

Saída da Gold River Race en Augas Mestas

A Deputación colabora coa celebración desta proba de piragüismo, a máis longa de Europa con 100 quilómetros, dos que 35 transcorren pola provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou na saída da primeira xornada da Gold River Race dende Augas Mestas, en Quiroga. A proba de piragüismo nace sendo a regata máis longa de toda Europa con 100 quilómetros, dos que 35 transcorren pola provincia de Lugo, dende Quiroga ata Santo Estevo de Ribas de Sil pasando por Monforte e Sober.

A Deputación de Lugo colabora economicamente coa celebración desta competición, que, segundo destacou o Presidente, é“un escaparate inigualable” do patrimonio fluvial e do enoturismo da provincia porque o deporte “é un aliado excelente da promoción do territorio e do turismo, un reclamo que atrae visitantes e que, polo tanto, axuda a fomentar a actividade da hostalería, o turismo e o comercio local”.

A Gold River Race, que aspira co tempo a superar en lonxitude os 230 quilómetros da regata de Rio Negro, en Arxentina, “marcará un punto de inflexión no piragüismo dentro e fóra de Galicia”, asegurou José Tomé.

A primeira edición da proba rematará o domingo en Salvaterra do Miño, onde se levará a cabo a entrega de recoñecementos aos campións e campioas. 

A Deputación de Lugo busca a consolidación dun turismo non masificado, de calidade e sostible  apostando por actividades e accións que poñen en valor o territorio e dan a coñecer os recursos naturais e patrimoniais dos 67 concellos da provincia. Os Bonos Impulso, o programa Actívate, as Actividades Fluviais ou propostas que se levarán a cabo nos vindeiros meses como Saborea a túa provincia e Coñece a túa provincia permiten fortalecer este modelo de turismo. 

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...