HomeComarca de QuirogaQuirogaDous feridos nun choque en Quiroga

Dous feridos nun choque en Quiroga

Publicado o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas ao chocar dous vehículos no quilómetro 504 da N-120, ao seu paso pola parroquia Quintá de Lor, no municipio lucense de Quiroga.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular quen informou pouco antes das 17,00 horas de que un vehículo chocara contra o quitamedos desta estrada e de que no accidente estaban implicados dous coches.

Ante iso, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron os servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Monforte, ao GES de Folgoso e á Policía Local de Quiroga.

Finalmente, os axentes de tráfico confirmaron que se tratou dunha colisión frontal entre dous vehículos e os servizos sanitarios comunicaron o traslado de dúas persoas ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...