HomeEconomíaA mostra do recoñecido Aceite de Quiroga chega á súa XXII edición

A mostra do recoñecido Aceite de Quiroga chega á súa XXII edición

Despois da 'resaca' tras a exitosa XL Feira do Viño, o concello vén de anunciar que a exaltación do seu ouro verde será o vindeiro domingo 29 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga comeza a organizar outra das importantes citas de exaltación doutro dos seus produtos autóctonos que está dando e dará moito que falar, o aceite. A data escollida para a celebración da XXII Mostra do Aceite de Quiroga será o vindeiro domingo 29 de maio e o lugar, como dende os seus inicios, o Muíño de Aceite de Bendilló, nas Farrapas.

Coñecida a data de celebración, agora ábrese o prazo para que os olivicultores e as olivicultoras do municipio se inscriban para poder participar como expositores e comercializar o seu aceite. As anotacións deberán realizarse entre os días 25 e 29 deste mes de abril.

Recinto feiral nas ‘Farrapas’ de Bendilló (arquivo). Foto: XMF

O número de colleiteiros e/ou colleiteiras está limitado a 6 e, segundo informa a organización, a selección realizarase por orde de inscricións no rexistro de entrada das oficinas municipais. Ademais, sinalan tamén fontes do concello, será preciso contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.

Como en edicións anteriores, no momento de formalizar a inscrición será obrigatorio presentar unha mostra dun litro de aceite nun envase de cristal para a realización de posibles catas, unha das cales se fai o propio día do evento na Capela das Farrapas.

Estes días reunirase a comisión organizadora para seguir pechando un programa que seguramente irá na liña do pasado ano, unha edición marcada pola pandemia que foi unha mostra máis etnográfica que festiva.

ÚLTIMAS

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...