InicioComarca de QuirogaQuirogaCastaña, cultivos agrícolas e gandería extensiva, o modelo para aldea modelo de...

Castaña, cultivos agrícolas e gandería extensiva, o modelo para aldea modelo de Bustelo de Fisteus

Está en Quiroga e ten unha superficie de 12,68 hectáreas na contorna do núcleo de poboación que se porá en valor.

Publicado o

- Advertisement -

A gandaría extensiva, as árbores froiteiras, os castiñeiros ou os cultivos de ciclo curto están entre os usos produtivos máis idóneos para a explotación de parcelas nas aldeas modelo de Pedrosa, no municipio ourensán de Riós, e Bustelo de Fisteus, en Quiroga.

Así o recollen as guías definitivas de ordenación produtiva destas dúas aldeas modelo, que publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG), e que recollen as mellores opcións para estes terreos desde o punto de vista económico, técnico, social e ambiental.

No caso da aldea modelo de Pedrosa, en Riós, establécense como usos idóneos o aproveitamento mixto gandeiro en extensivo con cultivos agrícolas de ciclo curto, árbores froiteiras, cultivos agrícolas de ciclo curto ou gandaría extensiva. Neste caso, a aldea modelo abarca unha superficie de 52,03 hectáreas na contorna do núcleo de poboación, distribuídas en 922 parcelas. O resto da superficie da aldea considérase improductiva debido ás características do terreo.

Pola súa banda, na aldea de Bustelo de Fisteus, en Quiroga, se aposta, como actividade principal, polo aproveitamento sustentable de castiñeiros de froito con gando en extensivo, uso mixto de árbores froiteiras con gando en extensivo, cultivos agrícolas e gandaría en extensivo. Esta iniciativa servirá para recuperar unha superficie de 12,68 hectáreas na contorna do núcleo de poboación que se porá en valor, distribuídas en 269 parcelas.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...