HomeComarca de QuirogaQuirogaGran ambiente nos Cantos de Taberna de Quiroga

Gran ambiente nos Cantos de Taberna de Quiroga

A VII edición deste evento tivo lugar o pasado 9 de marzo coa presenza de once grupos e dez establecementos participantes. Das 18:45 ás 00:00 h. a música tradicional foi a protagonista con locais cheos de xente en momentos puntuais da noite.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As condicións climatolóxicas, con frío e choiva durante a fin de semana, non foron atranco para que Quiroga vivise un gran ambiente na hostalería o pasado sábado 9 de marzo.

Ás sete menos cuarto da tarde os once grupos participantes, o maior número dende que se fan os Cantos de Taberna, comezaban o percorrido marcado pola organización despois de recibir cadanseu itinerario cos locais nos que tiñan que tocar e os 150 € para as consumicións que necesitaran. A disposición das rutas marcadas fixo posible que, durante as cinco horas que duraba o itinerario previsto, en todos os bares participantes había algún grupo tocando.

Nesta edición participaron dez bares de Quiroga: Adega da María, as Palmeras, o Portón, a Botica, o Quiper, Ruxe-Ruxe, Chapakuña, a Parrillada Torres, a Matrioska e o Mesón Ferreiriño; establecementos hostaleiros que viron como a música tradicional se convertía en protagonista nunha noite na que a choiva tivo unha tregua ata cas o remate dos Cantos de Taberna.

O Recanto nos Cantos de Taberna 2024. Foto: RTMQ.

No que respecta aos grupos, estiveron en Quiroga: Foliada de Bosende (Bosende), Son do Mao (Bóveda), O recanto (Quiroga), Estoupafoles (Pobra de Brollón), Corenta e Chinco (Pobra de Brollón), Minestreles (Monforte de Lemos), Abertal da Rúa (A Rúa), Macizas Centrais (Trives), Eí os veñen (Ourense), Os Tarabelos (O Saviñao) e Nubeiro Son Galego (Lugo).

Numerosos veciños e xente de fóra de Quiroga percorreron os bares para unirse á festa que fixeron posible os grupos encargados da música e os cantos. Nalgúns momentos puntuais houbo bares nos que case non se collía e viuse aos integrantes do equipo de goberno participando da actividade organizada dende a Área de Xuventude do Concello de Quiroga.

Cantos de Taberna, bar Quiper. Foto cedida.

Chegada a media noite remataba o percorrido programado, e aínda que estaba previsto que os grupos se xuntasen na praza da rúa Lago para facer unha foliada conxunta, a choiva impediuno.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...