HomeCulturaRoteiro Literario Musicado de Quiroga este 19 de xullo

Roteiro Literario Musicado de Quiroga este 19 de xullo

O novo roteiro do programa de dinamización turística “Descubrir Quiroga”, será o Roteiro Literario Musicado de Quiroga. Esta nova actividade levarase a cabo o venres, 19 de xullo, e contará con relatos de Xosé Estévez, Celia Díaz e Ramón Vila, ademais da música de Xavier Blanco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A través das voces destes autores repasarase a vida, a obra e a vinculación con Quiroga dos escritores Ánxel Fole, Ernesto Guerra da Cal, as irmáns Pura e Dora Vázquez, Manuel María, Eduardo Moreiras, Luís Losada e Uxío Novoneira. Este itinerario literario rematará  cunha degustación de viños na adega Val de Quiroga.

Os interesados en participar nestas actividades totalmente gratuítas, das que se da puntualmente información no instagran de turismo, turismo.quiroga, terán que anotarse na Casa de Cultura, ben persoalmente ou a través do correo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es antes das 13:00h do día anterior á realización da actividade.

O programa “Descubrir Quiroga”, organizado dende a Concellería de Turismo, en colaboración coa de Cultura e co apoio financeiro da Deputación de Lugo, conta con máis dunha ducia de actividades durante o verán. O pistoletazo de saída foi o “Roteiro das fervenzas de Quiroga”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O Bóveda Slam Poetry no XV campionato de Poetry Slam España

A cidade de Cartaxena acolleu, os días 17, 18 e 19 de setembro, o...

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...