HomeCulturaQuiroga celebra o 15 de marzo os Cantos de Taberna

Quiroga celebra o 15 de marzo os Cantos de Taberna

Por un erro na data inicialmente prevista, Quiroga anuncia que a  VIII edición dos Cantos de Taberna será o sábado 15 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga ten aberto o prazo para participar neste festival de música tradicional. Os grupos interesados pódense anotar gratuitamente na casa da Cultura (tfn 982.43.51.25) antes do 10 de marzo.

Para que se leve a cabo esta actividade precísase un mínimo de seis grupos musicais e un máximo de doce, contando cada grupo cun mínimo de cinco integrantes. Entregaranse 150€ a cada grupo participante para que gaste nos establecementos aos que acuda, os establecementos participantes pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

Está previsto que antes do comezo se reúnan os grupos participantes para darlles o itinerario do recorrido, a actuación en cada establecemento roldará a media hora cun repertorio de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais. As actuacións comezarán a partir das seis e media da tarde aproximadamente, para rematar cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona da praza da rúa Lago.

ÚLTIMAS

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...

O BNG de Monforte anuncia que non participará nos actos institucionais do 8M organizados polo Concello

O Grupo Municipal do BNG de Monforte vén de anunciar que os seus concelleiros...

Novo corte da circulación ferroviaria Monforte-Ponferrada tras un problema coa catenaria

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, atópase...

O IES A Pinguela viaxa a Murcia coa Agrupación Nacional de Centros Educativos

O programa, que organiza e financia o Ministerio de Educación, ten como obxectivo sensibilizar...