HomeMedio ambiente e PatrimonioO incendio de Ribas de Sil produciu un dano "baixo" no chan...

O incendio de Ribas de Sil produciu un dano “baixo” no chan segundo os técnicos

"Non hai conexión directa entre as zonas afectadas polo incendio e os ríos Lor e o Sil. Existe unha barreira natural de vexetación que evitaría calquera arrastre de cinzas ás canles", apunta a Consellería de Medio Rural.

Publicado o

- Advertisement -

Un grupo de técnicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, acompañados por persoal do distrito forestal VII Terra de Lemos, compararon o estado do terreo afectado polos incendios de Ribas de Sil de máis de 1.700 hectáreas, que arrasaron tamén zonas dos municipios de Quiroga e A Pobra do Brollón. Así, constatan que o chan sufriu un nivel de afectación “baixo”, a pesar de “a orografía da zona e as longas pendentes”.

A superficie máis danada corresponde á zona de monte raso, “entre un 5-10%” do total. Os técnicos indicaron que neste caso preparan “algún tipo de actuación para rexenerar a zona e evitar posibles arrastres de cinza”, como pode ser aplicar as técnicas de ‘mulching’ para crear unha “cuberta protectora” con palla.

“Non hai conexión directa entre as zonas afectadas polo incendio e os ríos Lor e o Sil. Existe unha barreira natural de vexetación que evitaría calquera arrastre de cinzas ás canles”, apunta a Consellería de Medio Rural.

No entanto, as consecuencias do incendio pódense ver tamén nalgunhas colmeas danadas ou na afectación á vexetación do pliegue do sinclinal da serra de Ou Courel, declarado monumento natural en 2011.

COMUNICACIÓNS RESTABLECIDAS

Para o alcalde de Ribas de Sil, Miguel Sotuela é unha normalidade “negra”. “Temos as comunicacións restablecidas e dotamos de auga da traída a través dunha alternativa diferente á habitual que procede da serra”, comentou.

O alcalde acreditou que o incendio aínda non se extinguiu “por completo”, aínda que “continúa chovendo” sobre o terreo, o que permitiu controlar o lume desde a noite do mércores.

As FRONDOSAS SERVIRON DE DEVASAS NA POBRA

A parroquia de Salcedo, no municipio da Pobra do Brollón, tamén se viu afectada o incendio. As chamas chegaron preto dos lugares habitados das Laceiras e Beirán. “A presenza de árbores frondosas e froiteiras serviu de devasas para evitar que o lume chegase ás casas”, apuntou o alcalde do municipio, José Luís Maceda.

Nestes lugares tívose que desaloxar a algún veciño, aínda que o mandatario recoñeceu que quizais foi “algo precipitado”. No entanto, recoñece que nese momento a “tensión e a ansiedade” provoca esas decisións.

Os datos de superficie afectada aínda non son oficiais pero estímase que poderían afectar a unhas “500 hectáreas” na Pobra do Brollón. “É unha zona bastante inaccesible cunha gran riqueza forestal”, subliñou o alcalde.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...