HomeMedio ambiente e PatrimonioPrisión para tres homes por provocar incendios forestais en Ribas de Sil...

Prisión para tres homes por provocar incendios forestais en Ribas de Sil e Ourense

Están acusados de ser os responsables de incendios en 2021 e 2022, como o que calcinou 1.500 hectáreas en Ribas de Sil o ano pasado.

Publicado o

- Advertisement -

A xuíza do Xulgado de Instrución da Pobra de Trives decretou prisión provisional, comunicado e sen fianza para os tres detidos en relación cunha decena de lumes entre 2021 e este ano nas provincias de Ourense e Lugo, nos que arderon unhas 15.200 hectáreas. Segundo trasladan fontes próximas á investigación a Europa Press, entre os detidos atópase un membro da brigada municipal de Montederramo, un mozo de 19 anos.

Pola súa banda, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sinala que dous dos detidos están investigados por dez delitos de incendio forestal, cometidos este ano e o pasado en municipios de Ourense e Lugo, mentres que o terceiro arrestado, en principio, está investigado por un delito de incendio forestal. Este último é o brigadista.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...