HomesociedadeAbsolto o ex brigadista acusado de provocar seis incendios en Ribas de...

Absolto o ex brigadista acusado de provocar seis incendios en Ribas de Sil no verán de 2019 por falta de probas

A sentenza considera "non acreditada" a autoría do imputado nuns feitos polos que a Fiscalía solicitaba catro anos de cárcere.

Publicado o

- Advertisement -

O home acusado de prender lume ao monte en diferentes puntos do municipio de Ribas de Sil durante o verán de 2019 foi absolto polo Xulgado do Penal número 1 de Lugo dun delito continuado de incendio forestal ao non existir “probas directas” que demostren a súa autoría. Así o fixo constar a maxistrada encargada do caso nunha sentenza na que prevaleceu a presunción de inocencia do acusado ante a falta de indicios suficientes para acreditar que o delito imputado fose cometido.

Os feitos xulgados tiveran lugar entre os días 11 e 28 de xullo de 2019, cando o acusado (agora absolto), un antigo traballador da Brigada de Extinción de Incendios de Ribas de Sil, fora sinalado como o presunto autor de seis conatos de incendio forestal en diferentes puntos do municipio.

AS SOSPEITAS SON INSUFICIENTES

Na segunda e última sesión do xuízo oral, celebrada en Lugo o 27 de outubro, a Fiscalía reafirmouse na súa petición de catro anos de cárcere para o acusado mentres o avogado da defensa sostiña, na fase de conclusións, que a acusación se atopaba baseada en “rumores de testemuñas sen identificar”.

Foi precisamente esa ausencia de testemuñas oculares a que motivou o pronunciamento absolutorio. E é que a sentenza recolle que aínda que existen certos indicios que apuntan ao acusado como autor dos feitos, as meras sospeitas son insuficientes para ditar unha sentenza condenatoria.

ÚLTIMAS

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...