HomeSucesosA incidencia ferroviaria na zona de Montefurado, solucionada

A incidencia ferroviaria na zona de Montefurado, solucionada

O tramo de Ponferrada a Monforte viuse afectado con interrupción da circulación do mércores ao xoves.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, restableceuse tras permanecer interrompida desde este mércores 18 de febreiro por mor dun enganchón do pantógrafo dun tren coa catenaria. Así o confirmou o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), quen asegurou que a incidencia xa quedara solucionada este xoves 19 de febreiro.

O tren parado na vía tras sufrir o accidente. Foto cedida.

Fontes de Renfe sinalaron que o tren afectado por esta incidencia foi o Rexional que cubría a ruta Ponferrada-Ourense. Os viaxeiros tiveron que ser evacuados e trasladados, coa axuda dos GES de Quiroga, axentes da Garda Civil e traballadores de ADIF, por camiños e pistas na parroquia de Montefurado ata poder acceder á N-120.

A incidencia deuse no tramo que une as estacións de Montefurado e San Clodio. Concretamente foi pasado o túnel ferroviario que hai onde o coñecido Túnel de Montefurado e practicamente á altura da aldea do Ivedo.

Ademais, a interrupción da circulación neste punto obrigou a desviar por outro itinerario cara a León o Alvia A Coruña-Barcelona. Neste caso, os viaxeiros de paradas intermedias son trasladados por estrada.

UNHA INCIDENCIA O DÍA ANTERIOR

Curiosamente, o martes 17 de febreiro declarouse un incendio na infraestrutura ferroviaria, e dentro dun túnel próximo ao suceso devandito, incidencia que mantivo cortada desde primeira hora da mañá a liña entre Montefurado, no concello de Quiroga, e Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Completo programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e 15 de marzo

O sábado, 14 de marzo, a mostra abrirase co “III Congreso arredor do Aceite...

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...