HomesociedadeSuspenden as clases no Courel pola forte nevarada

Suspenden as clases no Courel pola forte nevarada

Tamén hai estudantes afectados da zona de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

presenza de neve na rede viaria da montaña de Lugo e Ourense deixou sen poder acudir ás aulas a 867 alumnos de 26 centros educativos das dúas provincias, entre eles, o do Folgoso do Courel.Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación a Europa Press, na provincia de Lugo quedáronse sen clase 841 estudantes de 18 centros afectados, 15 deles con clases suspendidas.

Os 15 centros coas clases suspendidas na provincia de Lugo corresponden aos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá –dous–, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada –dous–, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Samos, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela.

Ademais, 20 estudantes do CPI de Castroverde quedaron sen clase; xunto con outra vintena do IES Xograr Alfonso Gómez de Sarria e tres da CEE Santa María de Lugo.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...