HomesociedadeDescobre como será este ano o San Xoán de Sarria

Descobre como será este ano o San Xoán de Sarria

Publicado o

- Advertisement -

O San Xoán ven cargado de moita música e numerosas actuacións de todo tipo no San Xoán de Sarria. Así, ademais do grupo musical Devacas, a vila contará coa música de Los Literales, R.A.S ou Acapulco 94, entre outros.

As festas comezarán o vindeiro mércores 21 e xuño co pregón no concello a cargo da artista sarriana Violeta Bernardo. Posteriormente haberá tirada do foguete de incio das festas coa actuación da coral de Sarria, a banda municipal, a asociación Peleiriños, a Asociación meigas e trasgos e cabezudos na Praza da Constitución. Ás 22.30 horas será a quenda de “DEVACAS” na praza de st. Mariña e ás 23.00 a actuación da orquestra “Capitol” na rúa Diego Pazos.

Xa o venres, as actividades comezarán ás 19:00 cun espectáculo infantil a cargo de Culturactiva co espectáculo “Saaabor!” no paseo do Malecón. Ás 21:30, na praza da vila, terá lugar o show de humor “O recuncho da comedia”, a cargo de Xose A. Touriñan, David Perdomo e Ledicia Sola.

Entrada a noite haberá unha cea americana na sociedade recreativa “la Unión” coa animación da orquestra “Abanico”. Ás 22:30, unha ctuación das orquetas “Finisterre” e “Passarela” , na rúa Diego Pazos e xa ás 23:30 comezará o festival Festisar 2018; na praza da Vila de Sarria coa actuación dos grupos “Los literales”, “R.A.S” e “Acapulco 94”.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...