HomeMedio ambiente e PatrimonioComeza a funcionar o novo gran parque eólico da Serra das Penas,...

Comeza a funcionar o novo gran parque eólico da Serra das Penas, en Paradela

É propiedade de Endesa que tamén abriu un novo parque no Vicedo hai unhas semanas.

Publicado o

- Advertisement -

Enel Green Power España (EGPE), a filial de enerxías renovables de Endesa, conectou á rede os parques eólicos de Paradela e Serra das Penas, na provincia de Lugo, que contan cunha potencia total de 50 megawatts (mw) e nos que investiu 61 millóns de euros. Unha inauguración dun novo parque eólico que coincide co peche da central térmica de As Pontes.

José Bogas, conselleiro delegado de Endesa, afirmou que a compañía “xa está a ultimar a conexión á rede” dos 879 mw renovables adxudicados na poxa de 2017, o que “demostra o seu empeño co cumprimento dos compromisos adquiridos nas licitacións”. “Trátase dun paso máis na aposta de Endesa coa produción de enerxía limpa, un dos alicerces da política nacional de transición enerxética”, explicou.

EGPE adxudicouse 540 mw eólicos e 339 mw solares nas poxas do Goberno celebradas en maio de 2017, cun investimento total de máis de 800 millóns de euros. Nestes momentos, a compañía xa conectou á rede os 339 mw solares e 504 mw eólicos, e ultima a conexión dos restantes, que estarán listos para final de ano.

A planta eólica de Paradela consta de seis aeroxeradores, que proporcionan unha potencia total de 12 mw. Producirá uns 42 GWh ao ano, suficientes para fornecer enerxía a unhas 10.750 familias, e evitará a emisión anual de 27.800 toneladas de CO2 á atmosfera. Foi conectado á rede o 17 de decembro.

Estes dous parques, informou Endesa, súmanse a outra instalación conectada en Galicia o pasado novembro, o Reformado de Pena Ventosa, situado no termo municipal do Vicedo, con 8 mw de potencia. Con estes novos megawatts que acaban de entrar en operación, Endesa suma en Galicia 566 mw instalados en 23 parques eólicos, cuxa operación sustenta 77 empregos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...