InicioPolíticaClaudio Garrido, alcalde de Sarria: "É unha tomadura de pelo que se...

Claudio Garrido, alcalde de Sarria: “É unha tomadura de pelo que se faga unha autovía que esquece Monforte”

Tamén critica que se pretenda unir Sarria con Lugo en dúas etapas.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sarria, o agora independente Claudio Garrido, cualificou de “tomadura de pelo” que o desdobramento en autovía desde Nadela a Monforte se pretenda facer en “dúas etapas”.

Garrido, que na súa primeira época como alcalde fíxoo co PSOE, non dubida que se trata dunha “boa noticia” aínda que cre que “é unha noticia que tiña que producirse como mínimo hai nove ou dez anos”. “É unha promesa incumprida do presidente da Xunta e que utilizou permanentemente o PP“, afeou.

Este luns día 13 de xaneiro a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou a licitación, por case 25 millóns de euros do desdobramento en autovía do tramo comprendido entre A Pobra de San Xiao e Sarria-Centro, 11,5 quilómetros. Unhas obras que comezarán a executarse en xuño, cun prazo de dous anos para o seu remate.

Garrido incidiu en que o “Partido Popular leva utilizando desde a época de Cuiña a transformación deste corredor en autovía con carácter electoral, e esquecéndose do importante que é para toda a zona sur da provincia, tanto para Monforte como para Sarria, este eixo de desenvolvemento que sería fundamental” para a zona.

Así, o alcalde sarrián tachou de “verdadeira tomadura de pelo que se faga unha autovía, que se pretenda unir Sarria con Lugo esquecéndose de Monforte, e que se pretenda unir en dúas etapas facendo primeiro o tramo A Pobra de San Xiao e dentro de tres, cinco ou sete anos, o resto”.

“É unha tomadura de pelo, un incumprimento que houbo permanentemente, aínda que sexa unha boa noticia de cara a 2022, pero estamos nun ano electoral e creo que (o anuncio) se corresponde máis a ese criterio que realmente aos compromisos para o desenvolvemento da zona sur de Lugo”, censurou.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...