HomesociedadeAmeazan con levar á Xunta ante a xustiza pola "lamentable" situación do...

Ameazan con levar á Xunta ante a xustiza pola “lamentable” situación do colexio Frei Luis de Granada de Sarria

"O único que queremos é defender a seguridade dos nosos fillos", din.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Educación podería rematar ante os tribunais pola “lamentable” situación do Colexio Frei Luis de Granada de Sarria. Así o considera un dos portavoces da plataforma en defensa deste centro, Javier Pico, que cre que é a única opción para “defender a seguridade” dos seus fillos.

O centro, denuncian os pais, presenta problemas na estrutura do edificio, que se decidiu apontoar. Agora, a consellería “quere enviar aos alumnos de cuarto, quinto e sexto ao instituto de Sarria e demoler unha parede da Escola Fogar que é onde queren situar aos máis pequenos”, afirma o colectivo. De feito, a catro días do inicio do curso, non hai aínda licenza, nin notificación previa ao comezo da actividade.

Hai moitísimos pais que a data de hoxe están a tentar cambiar aos seus fillos de colexio e unha situación que ata este ano era un trámite pola consellería, naqueles centros nos que había prazas libres, este ano estase convertendo nunha auténtica odisea”, apunta PIco para xustificar a iniciativa dun grupo de pais.

“Ademais, a primeira resposta que che dan é que non o van a conceder (o cambio de centro). Isto chama a atención porque non leron nin sequera os informes, nin as solicitudes, que presentamos”, engade.

O portavoz dos pais afectados afirmou que perseverarán na “presión para que se solucione”. “Porque os nosos fillos non poden ir a un colexio que non cumpre as condicións mínimas esixibles”, critica. Por iso, unha vez que teñan “toda a documentación”, así como constancia de que a ten a consellería, afirmou que están “dispostos a ir á xustiza única e exclusivamente para defender a seguridade dos pequenos“.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...