HomesociedadeDetido un transportista de Sarria por danar dous camións e unha furgoneta

Detido un transportista de Sarria por danar dous camións e unha furgoneta

Galicia suma xa un total de 12 persoas detidas e 491 identificados desde o inicio do paro no transporte de mercadorías.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo un veciño de Sarria de 33 anos acusado de causar danos en dous camións e unha furgoneta durante un piquete realizado o pasado luns na A-6 á altura de Pedrafita do Cebreiro. Segundo trasladou o Instituto Armado, o arrestado, vinculado ao sector do transporte, realizou danos nos vehículos en dous momentos da xornada do día 21.

Está acusado de dous episodios de vandalismo, o primeiro, rexistrado ás 05,20 horas no kilómettro 459 da autovía A-6; e, o segundo, ás 14,30 horas, na travesía de Pedrafita. Tras ser identificado, a Garda Civil incautouse de diversos petiscos que empregaba para danar as rodas de camións e furgonetas. Estes dispositivos foron localizados nun vehículo doutro camioneiro de Sarria.

Segundo o último balance ofrecido pola Delegación do Goberno, Galicia suma xa un total de 12 persoas detidas e 491 identificados desde o inicio do paro no transporte de mercadorías, que vive este mércores a súa décima xornada de protestas.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...