HomeSucesosEn liberdade o párroco acusado de agresión sexual a unha menor en...

En liberdade o párroco acusado de agresión sexual a unha menor en Sarria

Publicado o

- Advertisement -

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Sarria decretou a posta en liberdade do sacerdote detido este xoves en Sarria acusado de agresión sexual a unha menor, delito polo que está a ser investigado.

A xuíza impúxolle, como medidas cautelares, a prohibición de achegarse e de comunicarse coa denunciante e non entrará en prisión, xa que nin a Fiscalía nin a avogada da denunciante solicitaron o seu ingreso.

O párroco, domiciliado en Pontevedra e que non conta con antecedentes penais, foi levado esta mañá ante a xuíza polos axentes da Garda Civil, que foi a encargada da súa detención na mañá deste xoves, por mor dunha denuncia dunha terceira persoa. O home entrou no Xulgado coa cara descuberta e nun ambiente de tranquilidade.

A diocese de Lugo manifestou tamén a súa firme condena “ante calquera tipo de abuso e especialmente se se trata dun menor” porque “é unha ofensa ás vítimas e a Deus”. Ademais, lamenta profundamente “o sufrimento e o dano que esta situación está a provocar á vítima, a outras persoas afectadas, ás súas familias e comunidades”; das que quere porse a disposición.

Por outra banda, o Bispado declarou a súa disposición de colaboración coas autoridades nesta investigación, manifestando a súa “máis absoluto respecto pola actuación da xustiza” e desexando “un rápido e completo esclarecemento dos feitos, conscientes, tamén, do dereito á presunción de inocencia”.

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...