HomeCulturaA familia Castro cede a súa propiedade en Láncara

A familia Castro cede a súa propiedade en Láncara

A cesión da propiedade da familia Castro en Láncara, ten como obxectivo a creación dun Centro de Interpretación da Emigración de Galicia a América

Publicado o

- Advertisement -

A familia Castro ven de asinar a cesión da finca na que está ubicada a casa parterna de Fidel Castro á Asociación da Amizade e Solidariedade de Láncara con Cuba, constituída o pasado mes de xaneiro entre o municipio e a illa caribeña.

Carlos López Sierra é presidente desta asociación e que coñece en profundidade á familia Castro pois pertenceu á corporación municipal lancaresa durante anos. O 21 de xuño, con María Teresa López, familiar directa de Raúl e Fidel Castro, asinaron na notaría a escritura de compravenda con pacto de retro (sen lucro) que formaliza a cesión da propiedade dos Castro.

Tras este primeiro paso, a Asociación quere impulsar a creación dun Centro de Interpretación da Emigración de Galicia en América, con especial atención ós países caribeños así como o papel e relevancia histórica de Fidel e Raúl Castro e doutros membros da familia na República Cubana. Con este obxectivo trátase de poñer en valor a traxectoria e impacto do pobo galego en América debido ó fenómeno migratorio, partindo dunha familia cuxos membros teñen un papel destacado na historia mundial.

ÚLTIMAS

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...