HomeSucesosPiden dous anos de cárcere para un home de Láncara por maltrato...

Piden dous anos de cárcere para un home de Láncara por maltrato animal

Publicado o

- Advertisement -

Fiscalía reclama dous anos de cárcere para un veciño de Láncara acusado de maltratar, matar e abandonar os cans que estaban ao seu cargo. O xuízo contra este individuo terá lugar este xoves 3 de marzo nos xulgados do Penal de Lugo partir das 12,00 horas.

O acusado convivía nunha casa de Láncara cun gran número de cans. Entre 2017 e abril de 2019, segundo Fiscalía, o procesado maltratou os cans, aos que propinaba golpes con varas de madeira e de metal e asperxíaos cunha mangueira de auga a presión.

Ademais, o Ministerio Público sostén que parou de alimentar de forma intencionada unha das cadelas, que padeceu unha importante deterioración física por culpa do comportamento do seu dono.

Máis tarde, o acusado ausentouse da vivenda durante dúas semanas, período no que, tamén de forma intencionada, deixou de fornecer auga e comida aos oito cans que nese momento convivían con el.

Ao décimo día de ausencia, chamou a un veciño para pedirlle que se pasase pola vivenda a dar para comer e beber aos animais. Durante ese tempo, un dos cans morreu e foi devorado parcialmente polos demais cans, reflicte Fiscalía no seu escrito de acusación.

Por todo iso, reclama dous anos de cárcere (un polo delito de malos tratos continuados e outro polo de malos tratos con causa de morte), ademais dunha multa duns 1.400 euros e un total de sete anos de inhabilitación para o exercicio de actividades relacionadas con animais.

ÚLTIMAS

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...