HomesociedadeAs melloras nas estradas provinciais de Láncara benefician a 450 veciños

As melloras nas estradas provinciais de Láncara benefician a 450 veciños

A Deputación Provincial de Lugo destina 93.000 euros á mellora de dúas estradas: a LU-P-2704, de Veiga de Anzuelos por Trasliste a Bande serve de acceso á NV-I e á A-6, e a LU-P-5706, de Morelle a Seteventos-Monseiro é o principal acceso cara o Concello de Sarria, o que a converte nunha vía importante de conexión intermunicipal

Publicado o

- Advertisement -

Os traballos de mellora nestas dúas estradas provinciais foron supervisados polo Presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, o Vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, o Deputado provincial, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro.

Campos Conde destacou que con estas actuacións a Deputación Provincial convértese en motor económico e social da provincia, mellorando as comunicacións nos concellos e dándolles servizos básicos de calidade que permitan unha mellor calidade de vida dos veciños do rural. Para o rexedor local, este tipo de actuacións permiten realizar melloras para os veciños que as entidades locais non poderían asumir, ao non dispor dos recursos suficientes para afrontar obras desta magnitude.

Os traballos nestas dúas estradas consistiron na limpeza de cunetas, o acondicionamento do firme con aglomerado en quente e o incremento da seguridade coa mellora de sinalización vertical e repintado, beneficiarán aos máis de 450 veciños desta zona. Concretamente son:

–LU-P-2704, de Veiga de Anzuelos por Trasliste a Bande: estanse a mellorar os 800 primeiros metros desta estrada, que serve de acceso á NV-I e á A-6. Son traballos dos que se benefician máis de 250 veciños da zona, por ser unha estrada vital para a conexión co resto da provincia. Estes traballos engádense aos xa executados nesta mesma estrada, nun treito de 4 quilómetros, en Bande a Toirán.

– LU-P-5706, de Morelle a Seteventos-Monseiro: Melloráronse 2,6 quilómetros dende o punto quilométrico 5,1 ao 7,7 nunha estrada que empregan máis de 200 veciños de 3 parroquias do Concello de Láncara. É o principal acceso cara o Concello de Sarria, o que a converte nunha vía importante de conexión intermunicipal.

 

ÚLTIMAS

A Cova de Eirós certifica o seu uso funerario despois de localizar restos humanos da Idade de Bronce

Os traballos na Cova de Eirós e contorna encádranse no Plan de actuacións arqueolóxicas...

Sober reforza a compostaxe doméstica coa entrega de 50 composteiros

Pode acceder a este composteiro toda persoa que resida nunha vivenda illada que conte...

O poder do brindo para a normalización do galego nos concellos do Xeoparque Montañas do Courel

Os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel organizan conxuntamente unha...

Premio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Pazo de San Marcos acolleu na tarde deste martes 29 de setembro a...