HomeCulturaObradoiro de debuxo e humor gráfico no Incio

Obradoiro de debuxo e humor gráfico no Incio

A actividade correrá a cargo de Xosé Manuel Fernández, ilustrador e humorista gráfico en varios medios, un deles o dixital Galicia Confidencial.

Publicado o

- Advertisement -

O venres 6 de xullo de 11:00 a 13:00 horas, celebrarase no Incio o obradoiro de debuxo e humor gráfico a cargo de Xosé Manuel Fernández de Hermanager Producións.

Este taller, que se celebrará na sala de lectura do concello, está dirixido a menores da zona con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. Todos os nenos que estén interesados nesta xornada, deberán acudir ó punto e á hora indicados e levar un caderno de debuxo normal, un lapis, goma de borrar e un rotulador negro eding 1200 ou semellante. Unha boa oportunidade para aprender dun xeito dinámico e divertido, a facer debuxos sobre temática de interese ó mesmo tempo que coñecen novos conceptos para o seu día a día.

Esta actividade está enmarcada dentro das múltiples programadas polo goberno municipal para facer máis levadeiro o verán para os cativos ó mesmo tempo que se lle axuda ás familias a conciliar vida laboral e familiar.

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...