HomeMedio ambiente e Patrimonio140.000 euros da Consellería de Cultura para a restauración da igrexa de...

140.000 euros da Consellería de Cultura para a restauración da igrexa de Santa Cruz do Incio

A igrexa, obra do arquitecto José Luis Fernández del Amo, inaugurouse  no 1963 cando estaba inconclusa; coas obras que agora se acometerán remataranse os traballos, como as escaleiras de acceso ao campanario.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Cultura ven de entregar no concello do Incio a solicitude de licenza de obra, co obxectivo de facer a licitación cara finais de ano. Unha parte do proxecto está destinada a finalizar partes da obra que quedaron sen rematar, como o interior da torre do campanario.

Realizaranse, tamén, tarefas de reposición e mantemento, como a substitución da lousa, introducindo agora unha serie de capas intermedias illantes que melloren as condicións térmicas e de confort; e acometeranse labores de saneamento para resolver o problema das humidades procedentes do terreo. No acceso eliminaranse as barreiras arquitectónicas.

O proxecto de restauración pretende, ademais, recuperar a esencia orixinal da igrexa, deseñada polo arquitecto José Luis Fernández del Amo, importante figura da historia recente da arquitectura española. Para iso, actuarase nas carpinterías, pavimentos, eliminarase o cabreado eléctrico e outras instalacións que atravesan a fachada.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...