HomeMovementos sociaisA Asociación Animalista Libera advirte sobre o perigo do deporte da caza

A Asociación Animalista Libera advirte sobre o perigo do deporte da caza

Publicado o

- Advertisement -

Un cazador de 41 anos resultou ferido de bala por un compañeiro durante unha batida no municipio do Incio o domingo 7 de outubro. A Garda Civil abriu unha investigación e, segundo confirmaron fontes deste corpo de seguridade a Europa Press, as primeiras hipóteses apuntan a un “accidente“.

O suceso produciuse pasadas as 17 horas  cando se deu alerta de que un cazador, de 41 anos, fora ferido por arma de caza. Inicialmente foi evacuado ao Hospital de Monforte, pero dada “a gravidade das feridas”, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).

A Garda Civil de Lugo abriu unha investigación e ese mesmo día tomou declaración á persona autora do disparo e o encargado da batida.

Os datos que se posúen, explicaron as mesmas fontes, apuntan como primeiros indicios “a un accidente”, aínda que a investigación continúa aberta e non se poden dar por agora as conclusións definitivas.

asociación animalista libera

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber chamaron a atención sobre o feito de que nun mes, un total de tres acodes resultaron feridas en batidas. “O que evidencia que esta actividade é un perigo para o conxunto da cidadanía“, advertiu.

Estes casos son, para a asociación, “motivo de peso para reclamar a adopción de medidas lexislativas de protección“. Así, piden á Xunta, por exemplo, “incluír a prohibición de cazar a menores de idade e restrinxir o número de días”.

Na última década en Galicia, ocorreron 14 mortes relacionadas coa caza, incluído un menor de idade. Os animalistas tamén lembran que a Lei de caza de 2013 reduciu as distancias de seguridade de 200 aos actuais 100 metros de vivendas, colexios ou zonas de esparexemento, “permitindo tamén disparar en camiños non asfaltados ou sinalizados”.

Os animalistas están convencidos de que “se non se producen máis accidentes con ‘persoas non cazadoras’ é grazas ao coidado e á prevención que existe principalmente motivada prol o medo a estas batidas”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...