HomeComarca de SarriaO PáramoFerida unha condutora tras dar volta co seu coche no Páramo

Ferida unha condutora tras dar volta co seu coche no Páramo

Publicado o

- Advertisement -

Unha condutora necesitou asistencia médica tras resultar ferida na tarde deste martes ao envorcar co seu coche no concello lucense do Páramo.

Ocorreu pouco antes das 14.30 horas, cando varios particulares chamaban para informar deste sinistro. Eles mesmos axudárona a saír do coche, porque ela non era capaz de facelo polos seus propios medios.

Rapidamente, os servizos de emerxencias desprazáronse ata o lugar, na LU-P-4304 á altura da parroquia de Sa, pero á súa chegada a muller xa estaba fóra do vehículo. Tivo que ser atendida a bordo dunha ambulancia.

No operativo, ademais de profesionais de Urxencias Sanitarias-061, participaron os bombeiros de Sarria e a Garda Civil de Tráfico.

CIRCULACIÓN CORTADA EN BEGONTE

Por outra banda, un accidente cunha persoa ferida ocorrido en Begonte mantivo cortado o tráfico na ligazón entre a A-8 e a A-6 mentres os servizos de emerxencias interviñan.

O 112 tivo constancia deste sinistro pouco antes das 15.00 horas a través dun particular que alertaba de que un coche acababa de chocar contra a mediana do carril que conectaba ambas as autovías, en San Martiño de Pacios.

A persoa que viaxaba neste turismo foi atendida polos sanitarios. Mentres, o tráfico estivo cortado ata restablecer as condicións adecuadas de circulación.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...