HomeComarca de SarriaParadela130.000€ para un aparcamento no polígono de Paradela

130.000€ para un aparcamento no polígono de Paradela

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a adxudicación das obras para a construción dun aparcamento no polígono industrial de Paradela, que xestiona a propia Deputación de Lugo, por un importe de algo máis de 130.000€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa adxudicataria do estacionamento é Oligalia Contratas. O aparcamento estará situado na entrada do parque empresarial, xusto ao carón da estrada provincial LU-P-4201, á altura do quilómetro 1,2, e, cunha superficie de 1.720 metros cadrados, contará con 42 prazas, dúas delas adaptadas.

Os traballos consistirán na demolición do muro de mampostería existente e tamén do firme da estrada provincial no lugar no que se vaia facer o estacionamento. Así mesmo, será necesario retirar terra e facer desmonte, ademais de escavar pozos para a rede de pluviais. Contémplase tamén colocar tubaxe para canalizar a auga e sumidoiros.

Logo, farase o correspondente afirmado, pavimentación e sinalización, tanto horizontal coma vertical. O  prazo de execución destas obras é de 2 meses, unha vez iniciadas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...