HomeComarca de SarriaSarriaO Concello de Sarria asfalta varias rúas e fai melloras na piscina

O Concello de Sarria asfalta varias rúas e fai melloras na piscina

Procederá ao asfaltado das rúas da Igrexa e da Esperanza en Oural e das rúas Matías López e Benigno Quiroga na vila de Sarria. A piscina municipal estrea tamén iluminación led.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns día 25 de outubro, o Concello de Sarria procederá ao asfaltado da Rúa da Igrexa e da Rúa da Esperanza da localidade de Oural, sempre que o permitan as condicións meteorolóxicas, producíndose cortes no acceso ás mesmas. A Policía Local acordou, co CEIP Antonio Fernández López, recolocar unha parada de autobuses eventual establecendo un protocolo para que os nenos e as nenas accedan ao centro con todas as garantías de seguridade.

O mesmo día 25 comezarase o asfaltado das rúas Matías López e Benigno Quiroga na vila de Sarria. O tempo estimado para a execución das obras é de 7 días.

COMO LLE AFECTA Á CIRCULACIÓN?

Por mor das obras de asfaltado en Sarria procederase ao corte de vías principais. A Policía Local elaborou un plan alternativo para circular polas rúas de Sarria. Na Lu-546, entrada Monforte de Lemos a Lugo, desviarase o tráfico pola Rúa Castelao, mentres que na Lu-546, entrada Lugo a Monforte de Lemos, desviarase o tráfico pola Rúa Xela Arias e Rúa das Insuas.

O acceso ás rúas afectadas polas obras estará prohibido, habilitando circulación para o uso exclusivo dos veciños, e para desprazamentos fóra de Sarria, recoméndase a utilización de vías do arrabalde do centro urbano, como o corredor CG 2.2.

Para calquera aclaración relacionada coa mobilidade dentro do centro urbano de Sarria o concello aconsella poñerse en contacto coa Policía Local no teléfono 982 530 850.

MELLORAS NA PISCINA E COMEZO DE CURSOS

A piscina climatizada conta xa cunha nova iluminación que incorpora a tecnoloxía LED que produce unha luz máis nítida, favorecendo a práctica das actividades deportivas acuáticas. Con esta mellora gáñase en seguridade dos usuarios e auméntase a eficiencia enerxética.

Piscina climatizada municipal de Sarria. Foto: F.S.

A área de Deportes do Concello anuncia tamén a posibilidade de apuntarse aos cursos que se ofrecen na Piscina Municipais: Cursos para meniños/as, iniciación de adultos/as e nenos/as e Aquayim.

O prazo para inscribirse será do luns 25 ao mércores 27 deste mes de outubro. O teléfono de atención ao público para aclarar dúbidas e anotarse é o 982 535000. Se houbese máis solicitudes que prazas farase un sorteo o xoves 28.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...