HomesociedadeActividades sobre competencia dixital en Sarria

Actividades sobre competencia dixital en Sarria

A Aula Cemit de Sarria ofrece varios cursos no mes de novembro. Explicamos como acceder ao contido dos mesmos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria organiza, grazas á colaboración económica da Xunta de Galicia, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, catro interesantes cursos este mes de novembro.

As diferentes formacións, indicadas cada unha delas para unhas determinadas idades, desenvolveranse na Aula CeMIT de Sarria en varias datas do vindeiro mes de novembro co obxectivo de combater a fenda dixital e acadar unha maior competencia no ámbito das novas tecnoloxías.

A continuación os cursos ofertados coa ligazón para acceder ao contido dos mesmos e formalizar a reserva:

Introducción o CODIX LibreOffice – Folla de Cálculo CALC I

Do 02 Nov – 11 Nov, de 20:00-21:30 horas

Para idades entre 16 e 99 anos.

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37334

Administración Electrónica – Chave365

Do 03 Nov – 08 Nov, de 16:00-17:00 horas

Para maiores interesados na independencia dixital, a partir de 55 anos.

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37335

Introducción a edición de imáxenes e retoque básico con GIMP

Do 04 Nov – 15 Nov, de 17:30-19:00 horas

Para idades comprendidas entre 12 e 60 anos.

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37336


Ofimática na nube – Google DRIVE

Do 10 Nov – 15 Nov, de16:00-17:00 horas

Para todas as idades.

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37338

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...