HomesociedadeObras na estrada provincial LU-P-5714 ao seu paso por Sarria

Obras na estrada provincial LU-P-5714 ao seu paso por Sarria

A Deputación de Lugo acomete estes días obras nesta estrada provincial que une Mazadoiro con Lamarrigueira para renovar unha canaleta de auga con rexa que atravesa a rúa José Antonio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos que se están a realizar, á altura do punto quilométrico 0,5 –na intersección coa rúa Porvir–, consisten na demolición da canaleta con reixa existente para colocar unha nova prefabricada de formigón con reixa, conectándoa á rede de pluviais. Á súa vez, reponse a pintura do paso de peóns e todos aqueles servizos que se poidan ver afectados polas obras. 

Polo paso do tempo e o gran número de vehículos que transitan por esta estrada, a rexa foise deteriorando. Trátase dun canal que ten 10 metros de lonxitude e que ocupa o ancho da calzada, cunhas dimensións interiores de 35 cm de ancho e 45 cm de fondo. A previsión é que os traballos queden rematados esta semana.

Este investimento, cun custe estimado de algo máis de 8.500 euros, responde a unha acción da Deputación Provincial de Lugo para mellorar a mobilidade.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...