HomeSucesosDetida unha muller en Sarria acusada de roubar con violencia a un...

Detida unha muller en Sarria acusada de roubar con violencia a un home de 93 anos

Os feitos tiveron lugar ao longo do pasado ano no interior do domicilio da vítima.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo detivo na localidade de Sarria unha muller de 27 anos acusada de roubar en repetidas ocasións e empregando a violencia a un home de 93 anos. Segundo informou o corpo, os feitos tiveron lugar ao longo do pasado ano no interior do domicilio da vítima, un veciño de Sarria de 93 anos que reside só.

A agora detida accedeu en varias ocasións á vivenda da vítima á forza, “empuxando a porta cando este trataba de impedirlle o acceso, tirándoo ao chan, para seguidamente sustraerlle diversas cantidades de diñeiro que atopaba na vivenda”, relata a Garda Civil.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...