InicioPolíticaÉ a Ponte Ribeira de Sarria un ben cultural, si ou non?

É a Ponte Ribeira de Sarria un ben cultural, si ou non?

Publicado o

- Advertisement -

Hai 4 anos que a Ponte Ribeira de Sarria está pechada tanto ao tránsito de coches como de persoas. Catro anos nos que as disputas entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), o equipo de goberno e a oposición non fan posible un acordo para que a ponte, principal vía de acceso á vila para os peregrinos, recupere todo o seu esplendor.

Aínda que nos últimos meses a situación desta obra mudou -arestora as obras están en fase de licitación-, os últimos acontecementos fan presaxiar que se irá antes a xuízo que a comezar as obras.

Nun principio, o arranxo da ponte ía correr a cargo da CHMS cuxo valor está próximo ó medio millón de euros. Tempo despois, e aínda co cambio de presidente da Comisaria de Augas, ditos cartos non serán destinados para este fin na vila sarriana pola non continuidade do convenio firmado para tal fin. Por todo isto, a alcaldesa de Sarria, Pilar López, manifestou no pleno celebrado o 31 de agosto que o concello se ía facer cargo do custo do arranxo da ponte. Unha construción de máxima relevancia tanto para os peregrinos que chegan a Sarria, como para os veciños e comerciantes da vila que dende o 2014 teñen que dar un gran rodeo para cruzar o río cando antes, coa Ponte Ribeira, non era necesario. Por outra banda, Pilar López tamén manifestou que o novo presidente da CHMS se comprometera a compensar á vila coa dotación dunha nova depuradora.

PERO, DE ONDE SAEN OS CARTOS NECESARIOS PARA ACONDICIONAR A PONTE RIBEIRA?

No ano 2015, José Sánchez, un veciño de Sarria, deixou o seu legado ao concello cunha condición; os cartos obtidos da súa herdanza deberíanse de investir en fins culturais e benéficos de Sarria. En caso de non cumprir estos requisitos, a herdanza pasaría a mans das irmáns do finado, que tras o seu pasamento, recaería nunha sobriña.

Tras recibir a herdanza, o concello de Sarria vendeu un piso que José Sánchez tiña en Madrid e polo cal recadou 355.000 euros.

Desde xeito, a mandataria local Pilar López anunciou que as obras, que están en período de licitación, serían financiadas con 300.000 euros aportados polo concello e 150.000 pola Deputación de Lugo.

E AQUÍ CHEGA A POLÉMICA

Por unha banda, a Comisaria de Augas, cando autorizou os traballos na ponte, indicou que se deberían de facer entre os meses de xuño e setembro e tendo en conta co plazo de licitación da obra remata o vindeiro día 18, soamente quedarían 12 días para facer unha reconstrución que se estima que levará ó redor de 5 meses.

Para cando Pilar López anunciou as intencións do seu equipo de goberno, as críticas e oposicións dos restantes partidos políticos non fixeron máis que medrar. E é que dende a oposición afirman que investir os cartos recadados pola venta do piso en Madrid en Ponte Ribeira non é cumprir coas cláusulas do testamento de José Sánchez, algo que dende o equipo de goberno local, teñen claro que si.

FAMILIARES DE JOSE SÁNCHEZ

As últimas voces que se alzaron sobre as obras da ponte son as dos familiares de José Sánchez. Segundo eles, os cartos recaudados pola venda do piso en Madrid non poden ir destinados para o fin que desexa o equipo de goberno pois Ponte Ribeira non é un ben cultural da vila.

Por todo isto, un sobriño do finado rexistrou un escrito no concello no cal o instaba a desistir do seu propósito e de non cumprir con esta petición, personaríanse como acusación nun xuízo contra o Concello. Para a familia, o propio nome do proxecto, Trabajos de construcción de puentes y túneles y pozos y pasos subterráneos, é máis que suficiente para xustificar que os cartos que vai investir o Concello non son con fins culturais. En caso de que a alcaldesa non atenda as súas demandas, os familiares reclamarán, vía xudicial, ó Concello a devolución dos froitos obtidos pola herdanza máis os intereses.

POR TODO ISTO, A ALCALDESA DE SARRIA MANIFESTA NUN COMUNICADO QUE,

Antes de facer nada en Ponte Ribeira, teranse en conta os informes favorables dos técnicos municipais e garantiraase que todo se fará respectando a lei e a vontade do finado. Tras este primeira mensaxe tranquilizadora á familia de José Sánchez, Pilar López engade que o expediente administrativo de contratación está completo, que conta con todos os informes perceptivos incluído o xurídico, e que, en ausencia do secretario por vacacións, redactárono e firmárono dende a Deputación de Lugo, sendo complementamente válido e legal. No escrito tamén se explica que os técnicos tramitaron o informe sen problema pero aínda así, vaise solicitar un informe adicional para que todos, e especialmente os familiares, se aseguren de que todo está dentro da legalidade.

Por outra banda, a mandataria local engade que segundo o Plan Básico Autonómico da Xunta de Galicia a Ponte Ribeira consta como ben cultural. O escrito remata engadindo que lamenta que os concelleiros irresponsables do PP estean a alarmar á familia do finado. Segundo Pilar López, o único que lles preocupa aos membros da oposición e evitar que se constrúa a ponte.

Documento aportado pola alcaldesa onde consta a ponte como ben cultural/Facebook

 

 

 

 

 

 

ÚLTIMAS

XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, o 11 e 12 de maio

Como prólogo da Mostra, o xoves, 9 de maio, ás 20:30h na adega do...

305.500€ da Xunta para a contratación de 19 desempregados no sur de Lugo

A Xunta de Galicia destina 305.500 euros a financiar a contratación de 19 traballadores...

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona...

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...