Homesociedade305.500€ da Xunta para a contratación de 19 desempregados no sur...

305.500€ da Xunta para a contratación de 19 desempregados no sur de Lugo

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a notificar a resolución da orde Aprol Rural, que busca dinamizar o emprego de proximidade e mellorar as oportunidades dos traballadores desocupados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia destina 305.500 euros a financiar a contratación de 19 traballadores desempregados nos concellos das comarcas de Cantada, Quiroga e Terra de Lemos, para realizar tarefas principalmente relacionadas coa prevención de incendios.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xa notificou a resolución do programa Aprol Rural aos municipios beneficiarios na provincia de Lugo, que son practicamente todos excepto a capital; con carácter xeral outorgáronse achegas para financiar entre un e dous contratos en cada caso.

Todos os concellos da zona sur da provincia sumarán persoal; en concreto, contratarán a dous traballadores máis en Quiroga, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, O Saviñao, Taboada e Ribas de Sil, e un máis en Pantón, Sober, Chantada, Carballedo e Bóveda.

Este programa diríxese a que concellos rurais, ben de maneira individual ou conxunta, contraten persoas demandantes de emprego, de forma que dinamiza o emprego local e proporciona experiencia e práctica profesional aos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado de traballo.

Os traballadores incorporados destinaranse á realización de tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios nas faixas secundarias: planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión da biomasa.

Con estas achegas, a Xunta reforza a colaboración coas entidades locais para financiar os custos salariais totais das persoas incorporadas. O programa está a avogar pola creación de postos de traballo no ámbito local e contribúe ao aproveitamento das posibilidades que brinda o emprego de proximidade.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...