HomeCulturaContacontos para ‘descubrir que somos únicos’

Contacontos para ‘descubrir que somos únicos’

Será este mércores 13 de abril na Casa da Cultura de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás 18:00 h. deste 13 de abril a Casa da Cultura abre as súas portas para acoller un contacontos a cargo de Laura Domínguez. Baixo o  título “¿Qué significan las miradas?” a narradora contaranos a historia de Gretel, unha rapaza que acadará entender as miradas dos outros e outras coa axuda dalguén moi especial.

Trátase dunha historia que ten como obxectivo facer reflexionar a pequenos e maiores sobre o poder que temos de ser únicos e especiais normalizando e poñendo en valor as nosas diferencias.

Esta historia parte do libro baixo o mesmo título escrito por Laura Domínguez e ilustrado por Ana Sánchez e está editado pola editorial Babidi-Bú.

Cartel da actividade

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...